Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

30 de enero de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Despois de traballar nas aula durante toda esta semana, hoxe celebramos o día da paz todos e todas xuntas. Baixamos das aulas coas nosas flores da paz para ver as curtas da paz que xa fumos publicando neste outeiro como por exemplo "a forza dun abrazo" e limos conxuntamente o conto "O castelo de area". Para rematar bailamos a canción de Macaco "Moving" e colocamos as nosas flores debaixo do mural da pomba que pintamos estes días. 
Un fantástico día no que celebramos a paz... aínda que temos que celebrala todos os días.

2 comentarios:

NU. dijo...

hola, hola, pilo, pilo!!jejejje, góstame a cancionciña das apertas, Macaco, a pomba quedouvos xenial e o xardín!!. Bicos!!

Marga dijo...

Este ano seica supo a pouco...!.De todos modos quedou moi fermosa a pomba e as flores.Noraboa!!