Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

25 de octubre de 2012

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS

Por fin chegou o día das Bibliotecas Escolares e inauguramos a nosa biblioteca. Todas as nenas e os nenos do noso cole foron visitando o meu outeiro para gozar coas fantásticas novidades, coñecer os novos recunchos e recoller un presente moi doce que lles tiña preparado. 
Agora xa poden escoller ás lecturas para levar ás súas casas, buscar información nos ordenadores e todas as fantásticas actividades que van xurdindo ao longo do curso.
Agardo que todas e todos pasedes pola miña casa a visitarme sempre que queirades.

3 comentarios:

Unknown dijo...

peazo biblio chaval!!!!!, está moi chula!!! noraboa!!!!

matilda dijo...

Agora si temos un lugar agradable no que engancharnos aos libros.
Xa sabedes que podedes visitarme neste outeriño cando queirades.
Bicos e achuchóns.

Marga dijo...

¡Quen me dera ter unha igual na miña casa!,parabens polo traballo... que guapos todos!.Biquiños lectores!!